sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsO PaísO Sergas pide control nos portos para evitar variantes da COVID

O Sergas pide control nos portos para evitar variantes da COVID

Catro mariñeiros do barco atracado en Vigo, con  tripulación filipina e india, están hospitalizados ao agravarse o seu estado de saúde ao estar infectados de COVID-19. O Sergas pide máis control nos portos para evitar a chegada de máis variantes da COVID a Galicia.

Sete mariñeiros dos 22 da súa tripulación deron positivo en COVID-19 e polo menos tres deles da variante india. Por iso o Sergas pide máis control nos portos para evitar a chegada, e posible expansión, de novas variantes da COVID-19 a Galicia.

Dous mariñeiros máis do barco Prometheus Leader, atracado no porto de Vigo, cun gromo de covid-19 coa variante india ingresaron en hospitais da cidade olívica este luns.

A tripulación continúa confinada a bordo do buque no porto de Vigo. A variante xa está presente noutros 22 países. Os expertos din que pode ser máis contaxiosa que outras cepas, pero non máis grave.

 «Tres deles xa teñen confirmación diagnóstica da variante india nos estudos feitos. Loxicamente esperamos que neste último mariñeiro diagnosticado será a mesma variante que teñen os compañeiros do barco», dixo o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente.

O buque, con bandeira de Singapur, chegou a Vigo procedente de Reino Unido. Son os primeiros casos de variante india que se detectan en España.

O Servizo de Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo quen confirmou a variante india en tres dos positivos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS