lunes, noviembre 11, 2024
InicioComarcasLouriñaUn ciclista trasladado ao Cunqueiro ao chocar contra un vehículo no Porriño

Un ciclista trasladado ao Cunqueiro ao chocar contra un vehículo no Porriño

Un ciclista foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro con diversos traumatismos logo de sufrir un accidente contra un coche no Porriño.

Sobre as 14:00 horas, na estrada que vai ao Polígono da Granxa, á altura da gasolineira de O Cerquido, tivo lugar un choque entre unha bicicleta e un vehículo. Do accidente, o ciclista resultou ferido, segundo informaron os servizos sanitarios ao 112 Galicia.

Acudiron ao lugar do suceso a Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, os Bombeiros do Porriño e a Protección Civil. Precisamente, foron as persoas que conforman a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade os que lle confirmaron ao 112 que o ciclista tivo que ser trasladado polo 061, ata o Hospital Álvaro Cunqueiro, por diversos traumatismos.

Según testemuñas, foi o condutor do turismo que se saltou un stop e chouco frontalmente co ciclista.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS