sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasBaixa a incidencia en Salceda de Caselas, Gondomar e Vigo

Baixa a incidencia en Salceda de Caselas, Gondomar e Vigo

Vigo presenta agora a mesma incidencia que a maioría dos concellos da bisbarra ao rexistrar entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes.

Segundo a última actualización de Sanidade, Vigo presenta agora a mesma incidencia que a maioría dos concellos das comarcas ao non superar os 75 casos por 100.000 habitantes nunha semana. Amáis, baixa a presenza do virus entre a veciñanza de Salceda de Caselas e a de Gondomar mentres volven os casos a Fornelos de Montes.

A cidade olívica conta con 218 positivos en COVID-19 diagnosticados en 7 días, 21 menos que na xornada anterior. Así que, con estos datos, Vigo presenta agora a mesma incidencia que a maioría dos concellos das comarcas: entre 25 e 75 casos por 100.000 habitantes.

Tamén baixa a presenza do virus entre a veciñanza de Salceda de Caselas e Gondomar. Os dous municipios rexistran, arestora, entre 75 e 125 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana polo que se afastan da zona considerada de risco por Sanidade. De feito, o municipio da Louriña volve situarse no abano dos 1-9 casos, seis menos que na anterior actualización do SERGAS. O municipio do Val Miñor conta con dous contaxios menos que onte ata os 17.

O Porriño e Tui comparten a incidencia que agora presenta Salceda de Caselas e Gondomar. É dicir, entre os 75 e 125 contaxios por 100.000 habitantes. Manteñen os datos con respecto aos novos casos diagnosticados nunha semana con 21 e 16 positivos respectivamente.

Pola contra, volven os contaxios en COVID-19 ao concello de Fornelos de Montes. Era este un dos muncipios nos que o virus deixara de circular tanto a unha semana como a dúas . Con todo, a súa incidencia ascende agora ata os máis de 25 casos por 100.000 habitantes nunha semana, aínda que continúa fóra de risco.

Tamén están fóra de risco, ao maner o número de contaxios, Tomiño, Nigrán, Soutomaior, Pazos de Borbén, Salvaterra de Miño, Mos e Ponteareas. Todos eles cunha incidencia entre os 25 e 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. Vigo e Ponteareas achéganse aos 250 por 100.000 coa perspectiva de 14 días.

Do mesmo xeito, A Guarda, O Rosal, Baiona e Redondela sitúanse na segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade con menos de 25 contaxios por 1000.000 habitantes nunha semana. O virus deixou de circular durante unha semana nos concellos de Arbo e das Neves aínda que manteñen casos a 14 días polo que non é posible incluílos na listaxe dos municipios libres de COVID-19 como si o están A Cañiza, Oia, Mondariz, Mondariz-Balneario, O Covelo e Crecente.

Falece un home de 93 anos no CHUVI

Segundo notificou o SERGAS, un home de 93 anos, que fora diagnosticado en COVID-19,  faleceu no hospital Álvaro Cunqueiro na xornada de onte. Así, son xa 426 as persoas que perderon a vida a causa do virus na Área Sanitaria de Vigo dende o inicio da pandemia. A área é a segunda que máis mortes rexistra, por detrás da da Coruña que conta con 585.

Son cinco positivos máis na área ata os 939 casos activos. Mantense o número de persoas ingresadas en camas convencionais ata as 29 e, pola contra, aumenta nunha os pacientes nas UCI ata os 12.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS