sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasAs Neves, sen positivos en 7 días e baixa a incidencia na...

As Neves, sen positivos en 7 días e baixa a incidencia na Guarda e Redondela

As Neves non rexistra ningún positivo en COVID-19 nunha semana, aínda que mantén casos a 14 días.

Segundo a última actualización de Sanidade, As Neves non rexistra ningún positivo en COVID-19 nunha semana. Únese, así, á listaxe dos concellos nos que o virus deixou de circular a 7 días, xunto a Arbo. Amáis, baixan os contaxios en Tui e en Vigo aínda que continúan nunha incidencia alta con máis de 75 casos por 100.000 habitantes mentres que A Guarda e Redondela non superan os 25 por 100.000.

As Neves e Arbo son os dous concellos da bisbarra nos que o virus non ten presenza entre a súa veciñanza en 7 días. Malia estes bos datos epidemiolóxicos, ambos municipios continúan con casos activos, non máis de 9 cadanseu, a dúas semanas polo que aínda non é posible unilos aos concellos libres de COVID-19 como si o están Oia, Fornelos de Montes, O Covelo, A Cañiza, Mondariz, Mondariz-Balneario e Crecente.

En Tui son 9 casos menos que onte ata os 16 e en Vigo, 7 menos ata os 239. A pesar de que os dous concellos contan, arestora, con menos contaxios entre os seus veciños e veciñas, continúan nunha incidencia alta que supera os 75 positivos por 100.000 habitantes a unha semana. Nesta mesma situación epidemiolóxica atópase O Porriño con 21, dous máis que na xornada anterior.

Así todo, os concellos que presentan a incidencia máis alta da bisbarra son Gondomar e Salceda de Caselas con 19 e 15 contaxios repectavamente. Superan os 125 casos por 100.000 habitantes e achéganse aos 250 coa perspectiva de dúas semanas.

Salvaterra de Miño sobe a incidencia ata os máis de 25 casos por 100.000 habitantes nunha semana mais segue fóra da zona considerada de risco por Sanidade. Este concello do Condado sitúase no abano de 1-9 casos.

Pola súa banda, A Guarda e Redondela presentan agora a segunda incidencia máis baixa que contempla o SERGAS: entre 10 e 25 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. A mesma incidencia que mantén, con repecto á xornada anterior, O Rosal e Baiona.

En Ponteareas son 6 casos menos en COVID-19 con respecto á anterior actualización e sitúase agora no abano de 1-9 positivos. Continúa na mesma incidencia que onte, entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana, ao igual que Tomiño, Nigrán, Pazos de Borbén, Soutomaior e Mos.

Apenas cambios nos casos activos en COVID na Área Sanitaria de Vigo

Segundo o SERGAS, A Área Sanitaria de Vigo rexistra un caso menos que onte. Son 933 positivos activos na área. Non muda, entón, de xeito sustancial a situación epidemiolóxica. Si muda a presión hospitalaria con catro pacientes menos en camas convencionais, ata os 29,  e 1 persoa menos ingresadas nas UCI ata as 11.

A Área Sanitaria de Vigo é a que máis casos activos rexistra do conxunto de Galicia, séguelle a da coruña con 744.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS