lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño, Mos e Ponteareas unidas pola Challenge Rías Baixas

Porriño, Mos e Ponteareas unidas pola Challenge Rías Baixas

A proba ciclista celebrarase os días 8 e 9 de maio en cunha contra reloxo de 8 km en Guláns e cadansúa etapa, que suman 166 km, nos concellos da Louriña

O ciclismo volve ás estradas da bisbarra cunha competición como a Challenge Rías Baixas que neste ano 2021 vai cumprir a súa quinta edición organizada polo Club Ciclista Master da Louriña. A proba, de rango nacional, terá lugar na fin de semana cando o Goberno Central ten previsto que decaia o estado de alarma e que se alivien moitas das restricións que aínda temos a día de hoxe.
Constará de tres etapas: unha contra reloxo de 8 quilómetros no parque de Avisoureira en Guláns; unha segunda etapa en liña de 81 quilómetros con final en Mos e a última etapa de 85 quilómetros no Porriño.
El número de participantes está limitado a un máximo de 200 corredores (federados) nas categorías masculinas M30, M40, M50, M60 e femininas ELITE-SUB23, M30 e M40
Este mediodía celebrouse na praza Arquitecto Antonio Palacios, fronte ao Concello do Porriño, a presentación desta quinta edición cun acto no que participaron David Alonso, concelleiro de Deportes do Porriño xunto cos seus homólogos dos concellos de Ponteareas (Miguel Bouzó) e Mos (José Areal); o deputado provincial Gorka Gómez; Juan José Álvarez, presidente do equipo Master da Louriña e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo.
Álvarez manifestou no nome do club organizador que “agardamos chegar a unha participación de 200 corredores como ven sendo habitual” e atribuíu esta resposta a que “sabemos darlle aos ciclistas o que eles queren”. O presidente do CC Master da Louriña reivindicou que na edición de 2020 o gañador da Challenge fora Jaime Romero quen “pouco tempo despois pasou a profesional e fichou co equipo Caja Rural-Seguros RGA”.

Juan José Álvarez:

Muñiz ponderou nesa liña o “excelente traballo de promoción de categorías inferiores que realizan clubs como Master da Louriña para sacar e dar a coñecer a futuros ciclistas”.

Juan Carlos Muñiz:

Pola súa banda, o deputado provincial de Deportes alagou o “enorme esforzo conxunto dos clubs e das institucións aquí representadas por sacar adiante a organización de eventos deportivos que ademais xeran unha sinerxía económica”.

Gorka Gómez:

Tamén falaron os concelleiros José Areal e Miguel Bouzó. Ambos revalidaron o compromiso dos seus respectivos concellos con esta proba da que acollerán a primeira e segunda etapa respectivamente. E rematou o acto de presentación, o concelleiro de Deportes do Porriño que lembrou que “dende o ano 1996 o concello porriñés mantén un apoio permanente ao ciclismo con achegas que suman un millón de euros”. E garantiu que este ano a Challenge Rias Baixas “volverá a dar moito espectáculo tanto na contra reloxo de Guláns como na etapa que rematará no Pazo de Mos e agardemos que na última que acolleremos no Porriño”.

David Alonso:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS