martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísSanidade contempla o fin do toque de recollida o 9 de maio

Sanidade contempla o fin do toque de recollida o 9 de maio

O estado de alarma finalizará en España o vindeiro 9 de maio e Galicia urxe ao Ministerio de Sanidade ferramentas para xestionar a pandemia. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanza o fin do toque de recollida nocturno se o Goberno non propón alternativa.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

O toque de recollida está actualmente establecido en Galicia ás 23.00 horas, previamente estivo nas 22.00 horas e, se o Goberno non anuncia algunha novidade, na próxima semana finalizará o toque de recollida nocturno en España e polo tanto pasará a estar permitida a mobilidade nocturna e a presenza das persoas na rúa de madrugada. Consecuentemente amplíase o tempo no que as forzas de seguridade terán que velar polo cumprimento das normas: encontros de non conviventes, máscara ou distanciamento social, entre outras.

O conselleiro de Sanidade trasladou hoxe a súa preocupación pola falta de ferramentas proporcionadas por parte do Estado para que as autonomías poidan xestionar a pandemia unha vez finalice o toque de recollida, unha medida que primeiro criticou a Xunta e que logo incluso propuxo adiantar ata as 8 da tarde.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES