viernes, mayo 3, 2024
InicioNewsComarcasSalceda sobe ao nivel alto de restricións e O Porriño, Nigrán e...

Salceda sobe ao nivel alto de restricións e O Porriño, Nigrán e Tui ao medio

O Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na pandemia da COVID-19 vén de aumentar as restricións nos concellos de Salceda, O Porriño, Nigrán e Tui: a hostalería reduce aforamentos.

Salceda de Caselas pasa a estar no nivel alto de restricións a partir do venres 30 de abril. Isto implica que a hostalería do municipio só pode abrir á metade da capacidade e só nas terrazas. Estas limitacións continúan no concello de Ponteareas.

Amais, Nigrán, Tui e O Porriño soben ao nivel medio polo que o aforamento nos locais queda restrinxido ao 30% no interior e ao 50% no exterior. Un nivel medio no que segue Gondomar e a cidade de Vigo.

Xunto a Salceda de Caselas e a Ponteareas sitúanse no nivel alto de restricións Petín, Muíños, Verea, A Merca, Meira, O Grove, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Cambre e Coristanco e no nivel medio acompañan a Gondomar, Vigo, O Porriño, Nigrán e Tui  os municipios de Lobeira, Lobios, Verín, Cartelle, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, Trabada, Barreiros, Chantada, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Poio, Cangas, Rianxo, Mesía, Carnota, Carral, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares.

A mobilidade segue sendo plena en toda a comunidade agás nas localidades nas que rexen as medidas máximas de restricións, que son Vilanova de Arousa, Cualedro e Carballeda de Valdeorras.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

 

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 30 de abril.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES