sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasTui e Salceda de Caselas preto da zona de risco pola COVID-19

Tui e Salceda de Caselas preto da zona de risco pola COVID-19

Tui e Salceda de Caselas presentan agora unha incidencia que supera os 125 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana

Tui e Salceda de Caselas sitúanse preto da zona considerada de risco por Sanidade ao rexistrar entre 125 e 250 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. No caso do concello do Baixo Miño, o SERGAS vén de notificar 24 (+3) positivos en COVID-19 en 7 días e no da Louriña, 13 (+3). Mentres a presión do virus baixa de forma considerable en Arbo ao non ter arestora máis de 75 casos nunha semana.

Arbo descende así dos 125 contaxios por 100.000 habitantes e presenta agora unha incidencia entre os 25 e 75 positivos por 100.000, fóra da zona de risco. Nesta mesma situación epidemiolóxica atópanse os concellos da Guarda, Baiona, Redondela, Soutomaior, As Neves, O Porriño, Pazos de Borbén e Tomiño, que manteñen os datos con respecto a onte, segundo a última actualización de Sanidade.

Pola contra, empeoran os datos en relación á COVID-19 nos concellos de Tui e de Salceda de Caselas ao ser arestora os concellos coa incidencia máis alta da bisbarra ao contar con 24 e 13 positivos, repectivamente, nunha semana. A dúas, o municipio do Baixo Miño conta coon 26 contaxios e o da Louriña, 16. Con estas cifras, presentan unha incidencia entre os 125 e 250 casos por 100.000 habitantes nunha semana.

Pola súa banda, Crecente é a localidade que se sitúa na incidencia máis baixa que contempla Sanidade con menos de 10 por 100.000 habitantes ao non ter ningún positivo en COVID-19 nunha semana mais si en dúas polo que aínda non é posible incluilo na listaxe dos municipios libres do virus como si o están Mondariz, Mondariz-Balneario, O Covelo, A Cañiza e Fornelos de Montes. Fóra da zona de risco tamén se atopan O Rosal, Salvaterra de Miño e Mos ao non ter máis de 25 contaxios por 100.000 habitantes en 7 días.

Nigrán, Gondomar, Ponteareas e Vigo presentan unha incidencia entre os 75 e os 125 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. É a vila do Corpus a que ten máis positivos, só por detrás da cidade olívica, con 26, un menos que onte. Séguelle Nigrán con 16, un menos que na xornada anterior e Gondomar con 14, dous menos que na última actualización. Vigo non aumenta dos 279.

A Área Sanitaria de Vigo continúa como a que máis casos activos rexistra

Segundo a última actualización de Sanidade, son 878 positivos activos en COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo. Catro máis que onte. Na fin de semana ingresaron 10 persoas máis por mor do virus ata os 39 pacientes en camas convencionais e 8 nas UCI.

A Área Sanitaria de Vigo é a que máis casos activos rexistra do conxunto de Galicia. Séguelle a da Coruña con 733.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS