lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsA Raia"Abran a fronteira, queremos traballar"

«Abran a fronteira, queremos traballar»

«Abran a fronteira, queremos traballar» é o berro que escoitou o primeiro ministro portugués, Antonio Costa, na inauguración do último tramo que conecta en tren a Valença con Lisboa.

Empresarios e traballadores da raia acudiron á cita para reclamar que se conectara tamén, de novo, a vida económica coa reapertura da fronteira. A situación epidemiolóxica en relación á COVID-19 de Portugal permite avanzar na desescalada, «por fases e pouco a pouco» segundo explicou Costa, quen non adiantou nada sobre o levantamento do peche dos pasos mais falou duha «esperanza que permita dar o paso que falta» aínda que insiste o primeiro ministro en que «hai que tratar ao virus con respetiño.

As perdas de facturación cifranse en máis de 92 millóns de euros, segundo a AECT e só no sector da hostalería e do comercio a consecuencia do primeiro confinamento, provocado pola pandemia da COVID-19.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS