martes, octubre 15, 2024
InicioNewsComarcasA Cañiza e Oia libres de virus mentres que baixan os casos...

A Cañiza e Oia libres de virus mentres que baixan os casos en Ponteareas

Os dous concellos súmanse a Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo e Fornelos de Montes, que non rexistraron novos casos de COVID nos últimos 14 días.

Ponteareas, en nivel alto de restriccións polo incremento de contaxios nos últimos días, respira un pouco hoxe cunha baixada de casos positivos tanto a 7 días como a 14 días. A 7 días son 27 novos contaxiados, 6 menos ca onte, o que tamén fai baixar a incidencia acumulada a entre 75 e 125 casos por 100.000 habitantes. A 14 días baixan 4 infectados (43), aínda que a incidencia segue rozando os 250 casos por 100.000 habitantes.

Outro Concello que rexistrou un aumento de casos na última semana é Tui, onde hoxe soben os contaxios a 7 días e xa son 21, dous máis ca xornada anterior. A 14 días, a incidencia segue sendo de entre 50 e 150 contaxios por 100.000 habitantes, con 24 enfermos por COVID-19. No resto do Baixo Miño cabe salientar que O Rosal, logo de varias semanas sen contaxios, volve a rexistrar casos positivos de COVID a unha semana, cunha baixa incidencia. Pola súa banda, Tomiño presenta os mesmos datos ca onte: 12 contaxios a 14 días.

No Val Miñor, Soben os contaxios en todos os concellos a 14 días: dous máis en Baiona (15); 4 máis en Gondomar (30) e 2 máis en Nigrán (28). Tanto Gondomar como Baiona rozan a zona de risco, con entre 150 e 250 contaxios por 100.000 habitantes.

Na Louriña,aumentan lixeiramente os casos en Porriño, onde hoxe se fai un cribado masivo, aínda que a incidencia segue sendo baixa, con entre 1 e 9 casos positivos. A mellor situación é a de Mos, con menos de 25 casos por 100.000 habitantes; mentres que en Salceda suman un contaxio máis, tanto a 7 como a 14 días.

No Condado e na Paradanta, poucos cambios con respecto a onte nesta xornada de doming. Salvaterra, As Neves e Arbo repiten cifras, con entre 1 e 9 contaxios. As mellores novas son as de Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo e Fornelos de Montes, libres de virus.

Por último, en Vigo baixan os contaxios a 7 días pero aumentan a 14 días, con 492 contaxios, preto da zona de risco. En Redondela soben un contaxios 14 días e en Pazos de Borbén repiten os datos da xornada anterior.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS