lunes, noviembre 11, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda recuperará un lintel do castro do Trega

A Guarda recuperará un lintel do castro do Trega

O concello da Guarda elaborou o proxecto “Trega 2020+5” para desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro do Trega a través dunha actuación integral.

A primeira iniciativa para acadar estes obxectivos será a restitución do lintel da porta norte do xacemento castrexo.

O proxecto “Trega 2020+5” desenvólvese ao redor a tres eixos: recuperar e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930; manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público; e investigar e profundar no coñecemento arqueolóxico do castro coa finalidade de crear contidos destinados á divulgación e ao incremento da valorización do patrimonio.

A importancia do citado proxecto, que conta coa colaboración e financiamento do Padroado do Monte Trega e a colaboración das Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos, fixo que o alcalde da localidade e presidente do Padroado, Antonio Lomba, activase o inicio deste proxecto neste mesmo ano, a pesar de non contar con resposta por parte da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia á invitación de colaboración no mesmo.

Deste xeito, tramitouse unha modificación do orzamento do Padroado para que sexa posible acometer a restitución do lintel da porta norte do xacemento castrexo. Esta actuación permitirá seguir pondo en valor o xacemento castrexo cun elemento que aportará unha maior comprensión do recinto e será a primeira das moitas inversións que se esperan para o que constitúe, segundo os expertos nesta materia, o maior xacemento castrexo de todo o noroeste peninsular.

Xunto con esta actuación se procedeu tamén a dotar consignación para a redacción do proxecto de reforma dos aseos no cume no monte Trega.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS