jueves, febrero 29, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo anunciará este mediodía se se amplía o toque de recollida

Feijóo anunciará este mediodía se se amplía o toque de recollida

Actualmente fixado nas 22.00 horas, Feijóo anunciará en rolda de prensa cara as 14.00 horas este mércores se Galicia retrasa o seu toque de recollida ás 23.00 horas, o máis tarde que permite o estado de alarma en España. Igualmente, anunciará se hai ampliación tamén na hostalería.

A Consellería de Sanidade pospuxo a este mércores os anuncios sobre o toque de recollida en Galicia e o horario da hostalería.

Este martes, a Xunta si fixo públicos os cambios de nivel dos concellos; permanecen tres coas medidas máis duras, O Grove, A Pobra do Caramiñal e Carballeda de Valdeorras.

Aumenta o número de concellos en nivel algo de restricións: A Illa de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco de Valdeorras e Rubiá suban ao nivel alto de restricións, no que coincidirán con Monterrei, Barreiros, Carral, Boimorto e Boiro.

No nivel medio quedan O Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño. Baiona, por tanto, volve gozar das medidas máis suaves.

Os cambios de nivel entrarán en vigor este venres, 16 de abril, ás 00.00 horas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES