sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaAtopan xa dous dos tesouros da avoa Euxenia

Atopan xa dous dos tesouros da avoa Euxenia

O xogo A Miña Avoa, ideado polo Concello do Porriño, ten xa as primeiras gañadoras, veciñas que atoparon dous dos tesouros agochados logo de descifrar as pistas recollidas nunha folla de xornal

xornal avoa euxeniaUnha delas foi Sonia Barciela Ozores que atopou o «tesouro número 3», no banco da capela de San Benito, a través dunha pista que colleu despois de mercar nunha zapatería da vila. A pista dicía: «Pegado a este edificio gozo das vistas, coma a dese pequeno xardín que me alegra os días. Oio cánticos, rezos e pregúntome, quen virá a sentarse agora? Porque ao parecer teño algo agochado que non pode esperar.»

A outra gañadora foi Montserrat Davila Ventura que atopou o «tesouro número 4» nos xardíns da oficina de Correos grazas á pista que encontrou tras mercar nunha tenda de puericultura e moda infantil. A pista dicía: «Son unha pedra, ben cortada, e preto de min algo está escondido. Parecíase a… como o chaman? un paquete pequeno coma eses que leva a xente a ese sitio de aí en fronte. Que raros son estes humanos… Véxoos sempre con cartas e paquetes, se non pousaran sempre os seus cus en min, serían máis do meu agrado. Menos mal que teño ás miñas compañeiras neste pequeno xardín para entreterme».

A Oficina Municipal de Información Xuvenil organiza este certame que promove o Concello, a través da Concellería de Festexos e co apoio da Concellería de Comercio e coa produción a cargo da firma Especialistas Hípica Celta.

O xogo, aberto a toda a cidadanía da vila, consiste na procura dun «tesouro», premios de 50 euros para consumir no comercio e na hostalería locais. Para participar é imprescindible facer previamente algunha compra nalgún dos 145 establecementos asociados á iniciativa e dispor do tícket de compra. O xogo consiste en localizar páxinas dun xornal vello polos establecementos; cada folla do xornal contén tres enigmas distintos a través dos cales hai que adiviñar onde se atopa o tesouro escondido. “Poida que se xogue ao engano, pero só na primeira ollada, posto que non é imposible de acertar”, sinalan dende a organización

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS