lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño contará cunha nova gardería a partir de setembro

Porriño contará cunha nova gardería a partir de setembro

Disporá con 74 prazas e dará servizo aos polígonos industriais da Granxa e As Gándaras

David Regades, delegado do consorcio Zona Franca entregou este mediodía, en presenza da alcaldesa do Porriño, Eva García, as chaves do local que acollerá a futura escola infantil dos polígonos industriais da Granxa e das Gándaras.
O local atópase no centro de servizos do Consorcio Zona Franca, no polígono da Granxa.
Beatriz Cabaleiro, directora da firma de centros de educación infantil “Trastes”, a mesma adxudicataria da escola infantil do polígono da Veigadaña en Mos, recibiu as chaves co propósito de axeitar as instalacións para a súa apertura no vindeiro mes de setembro cunha capacidade para 74 nenos de 0 a 3 anos.
Dende o Concello do Porriño indican que, deste xeito, “aténdese unha demanda histórica da Entidade Urbanística de Conservación de A Granxa e da Asociación de Empresarios de As Gándaras que por fin será posta en marcha”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS