sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísBaixada de casos activos de COVID-19 en Galicia

Baixada de casos activos de COVID-19 en Galicia

Despois de dúas xornadas en ascenso, os casos activos de COVID-19 baixaron na última xornada a 2.185 diagnosticados )-48) e nos hospitais tamén minguaron os ingresados: 145 en planta e 28 en UCI.

Suben e baixan os casos activos en Galicia dentro dunha estabilidade confirmada polo comité clínico, con repuntes nalgúns concellos que outros suavizan. Na última xornada deron positivo en COVID-19 un total de 132 persoas.

Por áreas sanitarias, A Coruña segue á cabeza pero descendendo:

A Coruña: 616 (-33)

Vigo: 600 (-23)

Pontevedra: 283 (+17)

Santiago: 318 (-2)

Lugo: 142 (-3)

Ferrol: 86 (-5)

Ourense: 140 (+1)

Nos hospitais hai 173 persoas ingresadas (-15); delas 145 permanecen en planta (-16), o número máis baixo dende primeiro de setembro. Nas UCI hai 28 pacientes, un máis ca onte.

Na última xornada o Sergas notificou a morte de 3 persoas por coronavirus, o que eleva a cifra de vítimas no que vai de pandemia a 2.363 persoas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS