martes, octubre 15, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta destina 44,3 millóns de euros para a inserción laboral de...

A Xunta destina 44,3 millóns de euros para a inserción laboral de 16.600 persoas desempregadas

A Xunta destinará preto de 44,3 millóns de euros para mellorar as perspectivas de inserción laboral de 16.600 persoas desempregadas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe na rolda de prensa de Consello que a Xunta investirá preto de 44,3 M€ para mellorar as perspectivas de inserción laboral de 16.600 persoas en situación de desemprego. De xeito que o orzamento destinado a tal fin medra un 23% con respecto ao convocatoria de 2019/20, permitindo formar a 5.800 alumnos máis e programar 300 cursos adicionais.

Sobre este punto, Feijóo explicou que as convocatorias de axudas saíran publicadas este mes, ao tempo que salientou que en total a Xunta destinará este ano máis de 72 M€ a diferentes programas de formación.Durante a súa intervención, o presidente da Xunta destacou tamén as que serán as principais novidades desta convocatoria: o impulso da teleformación e a aula virtual; a consideración dos traballadores afectados por ERTE, suspensión de contrato ou redución de xornada como colectivo prioritario; ou a potenciación da formación dirixida a persoas con discapacidade.

Nesta liña, recordou que a formación será válida para acceder aos certificados de profesionalidade en toda España. Así como que o alumnado poderá acceder a estes cursos a través das oficinas de emprego de Galicia ou da web https://emprego.xunta.gal.Finalmente, concluíu subliñando que o 50% do orzamento financiará a formación en competencias clave, e para sectores como o metal, o naval, a automoción, as competencias dixitais ou a construción.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS