jueves, julio 18, 2024
InicioO PaísLugoCorreos leva os trámites de oficina aos domicilios rurais de Lugo

Correos leva os trámites de oficina aos domicilios rurais de Lugo

Leva a cabo na provincia un proxecto piloto polo que 212 carteiros ofrecerán, porta a porta, servizos que ata agora só se prestaban nas oficinas

A venda de produtos postais básicos como selos, sobres prefranqueados e acolchados ou embalaxes de diferentes tamaños para acondicionar os paquetes e envialos utilizando a tarifa plana estándar de paquetería de Correos; tamén realizar o pago de recibos (luz, auga, teléfono…), a compra de distintivos medioambientais da DXT, así como outros servizos que se poden xestionar a través dos dispositivos electrónicos portátiles (PDA) será o que ofrezan dende agora o persoal de reparto de Correos no rural lugués.
Lugo convértese así na segunda provincia de España na que se pon en marcha este proxecto, logo da boa acollida obtida en Xaén, onde se realizaron máis de 200 operación durante o primeiro mes de funcionamento.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES