sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísBeade, pechado e 12 concellos en restricións altas en Galicia

Beade, pechado e 12 concellos en restricións altas en Galicia

O concello ourensán de Beade será o único pechado toda a Semana Santa en Galicia. Serán doce os concellos que a partir do venres a medianoite quedarán no nivel alto de restricións por ter unha alta incidencia de casos COVID-19.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

No nivel máximo quedará desde o venres un concello, Beade, xa pechado actualmente: hostalería pechada, peche perimetral e sen reunións de non conviventes.

En nivel alto quedarán 12 concellos, entre eles os turísticos Baiona e Sanxenxo, que xa estaban neste nivel de restricións actualmente. Xunto a eles Abegondo, Cortegada, O Irixo, Ortigueira, Padrenda, Pazos de Borbén, A Pobra de Brollón, Rábade e O Saviñao.

En nivel medio quedarán 17 concellos: Vilardevós, Celanavoa, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo, Cangas, Moaña, Gondomar, Meis, Bergondo, Boimoroto, Carral, A Coruña, Laracha, Arteixo, Betanzos e Camariñas.

Ao comité clínico que asesora a Xunta nesta pandemia preocúpalle especialmente a área sanitaria de Vigo pola subida de positivos que leva rexistrado nas últimas semanas. Sanidade pide prudencia e seguirá moi pendente da evolución da área viguesa, de continuar así tomará medidas máis restritivas despois de Semana Santa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS