sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísRepunte de contaxios na Área Sanitaria de Vigo

Repunte de contaxios na Área Sanitaria de Vigo

Seguen a descender os contaxios na comunidade e, logo de dúas xornadas se falecementos, hai que lamentar dúas mortes.

Galicia comeza a Semana Santa cunha baixada de contaxios por COVID en toda a comunidade. Actualmente hai 2.309 persoas enfermas por coronavirus e hai que lamentar dous falecemento logo de dúas xornadas consecutivas sen mortes. Son dúas mulleres de 88 e 90 anos que faleceron no CHUVI. En total, dende que comezou a pandemia, 2.332 galegos contaxiados co SARS-CoV-2, 355 deles en residencias e 435 en hospitais e residencias integradas.

Do total de pacientes positivos, 26 están en Unidades de Coidados Intensivos e 174 en unidades de hospitalización; segue descendendo por tanto a presión hospitalaria, sobre todo nas UCIs.

Soben os contaxios na área de Vigo

En canto ás áreas sanitarias, a de Vigo é a que peor evoluciona, pois leva tres xornadas seguidas aumentando o número de persoas infectadas e suma 560 positivos por coronavirus no día de hoxe. Séguenlle a área de A Coruña con 867, Santiago con 233, Pontevedra con 209, Lugo con 162, Ferrol con 146 e Ourense con 132. En todas, agás en Vigo (+23) e Pontevedra (+3), baixan os contaxios.

Dentro da Área Sanitaria de Vigo, onde se rexistran 23 novos casos de coronavirus, os Concellos en peor situación son Baiona e Pazos de Borbén. Ambos presentan unha incidencia acumulada de entre 125 e 250 contaxios por 100.000 habitantes a 7 días e de entre 150 e 250 contaxios por 100.000 habitantes a 14 días. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS