lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoOrpagu construirá unha nave frigorífica en Tui

Orpagu construirá unha nave frigorífica en Tui

Coincidindo co seu 25 aniversario, a Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) prepara a construción dunha planta frigorífica no Polígono empresarial de Areas, en Tui.

A nave se emprazará nunha parcela de algo máis de 7.000 metros cadrados, que segundo os prazos que marcan, estará plenamente operativa en 2022. Nun só centro, Orpagu unirá a conservación do produto e o desenvolvemento do I+D.

“A búsqueda do terreo para ubicar a nave frigorífica non foi tarefa doada, dada a necesidade de espazo que require unha instalación como a que plantexa Orpagu”, explican. Finalmente, a organización guardesa encontrou a parcela axeitada en Tui, co que mantén a súa actividade no Baixo Miño, que era o obxectivo perseguido dende o principio.

Con unha inversión de seis millóns de euros, a planta e centro de I+D ubicaráse no parque empresarial de Areas, que conta cunha estratéxica situación polo seu acceso directo á A-55 e a VAC Tui-A Guarda. A nave albergará un almacén frigorífico cunha capacidade para 3.000 toneladas de peixe e unha aula de experimentación para traballar en novos produtos e formatos coa intención de chegar ao maior número de consumidores posibles.

Desde Orpagu prevén xerar máis de 30 postos de traballo directos no Baixo Miño cando a planta estea a pleno rendemento, ademais de lanzar un plan de formación específico coa colaboración dos concellos de A Guarda e Tui.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES