martes, mayo 21, 2024
InicioNewsO PaísGalicia xa pode realizar cribados no aeroporto da Coruña

Galicia xa pode realizar cribados no aeroporto da Coruña

A Consellería de Sanidade xa pode facer tests de antíxenos no aeroporto da Coruña, como quería, para previr contaxios da COVID-19. AENA autorizou a cesión do espazo necesario e colaborará coa Xunta.

AENA, a empresa pública española que xestiona os aeroportos de interese xeral en España, deu o visto e prace para facer test de antíxenos da COVID no aeroporto de Alvedro, na Coruña. Foi o seu comité de dirección quen aprobou a cesión de espazos e o programa de colaboración coa Xunta para a realización destas probas, como pedira o Goberno galegao fai semanas.

O obxectivo da Consellería de Sanidade é poder facer cribados nos aeroportos ante a Semana Santa, e coa idea de ampliar este dispositivo tamén ás estacións de tren. Polo de agora a autorización é para Alvedro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES