sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasVal de MiñorMáis restricións en Baiona e Sanxenxo por ser vilas turísticas

Máis restricións en Baiona e Sanxenxo por ser vilas turísticas

Cunha incidencia de máis de 125 casos de COVID-19 por 100.000 habitantes a 7 días, o comité clínico decide endurecer as restricións a nivel alto en Sanxenxo e Baiona para evitar, como grandes vilas turísticas que son, o auxe dos contaxios en Semana Santa.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

En nivel alto tamén estarán cinco concellos galegos máis:  Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao e Vilardevós.

Terán desde este venres, 26 de marzo, limitada a hostalería ás terrazas ao 50% de ocupación.

En nivel máximo de restricións comezarán a Semana Santa só Maside e Beade: pechados perimetralmente, hostalería pechada e só reunións de conviventes tamén ao aire libre.

Dezaséis concellos, entre eles o da Coruña, quedarán en nivel medio desde o venres.

A maior parte de Galicia estará en  nivel de restricións baixo que  permite á hostalería ter as terrazas ao 75 % e o interior ata o 50.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES