jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO País"A liña de alta velocidade Vigo-Porto é un obxectivo irenunciable"

«A liña de alta velocidade Vigo-Porto é un obxectivo irenunciable»

Núñez Feijóo sinala a liña de alta velocidade Vigo-Porto como un obxectivo irrenunciable que reducirá o tempo de viaxe a 60 minutos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe a liña de alta velocidade entre Vigo e Porto como un obxectivo irrenunciable que permitira reducir o tempo de viaxe a 60 minutos.

Así mesmo, e como prioridade galega dentro do Corredor Atlántico, Feijóo reiterou a necesidade de impulsar tamén a Saída Sur de Vigo, que converta a estación intermodal de Urzaiz nunha estación única, central e pasante. “Se conseguimos a Saída Sur de Vigo haberá Corredor Atlántico, senón non poderemos sumar as sinerxías co Norte de Portugal e teremos enormes dificultades para competir no futuro”, aseverou, incidindo ademais en que esta saída debe incluír unha conexión directa coa terminal portuaria de Bouzas, para garantir a operatividade e a funcionalidade intermodal do Porto de Vigo.

Ao respecto, lembrou que para acreditar a necesidade desta actuación, a Xunta realizou un estudo completo onde se certifica o impacto económico da Saída Sur e a conexión do porto de Bouzas: “Mellora o PIB de Galicia, mellora o PIB de Vigo, e mellora a competitividade da nosa economía e da nosa pesca”, precisou. Durante o acto de clausura do foro CoLogistics ‘Vertebración peninsular: Corredor Atlántico e o desenvolvemento das infraestruturas’, o titular do Executivo galego referiuse ao outro fito do corredor: a necesaria conexión ferroviaria a Punta Langosteira.

«Non é pedir moito»

Estamos a falar de 140 millóns de euros, cando o Adif acaba de recibir 6.000 millóns de euros dos fondos europeos. Creo que non é pedir moito”, sostivo.  Ao longo da súa intervención, Feijóo aseverou que Galicia continuará a ser esixente e colaborativa. “Non temos outro obxectivo máis que a dignidade ferroviaria en pasaxeiros e en mercadorías; queremos apuntalar a nosa solidez económica, loxística e comercial “, dixo, apelando á suma de forzas para afrontar os desafíos compartidos.

Nesta liña, recordou a enérxica defensa común de Galicia, Castela e León e Asturias para introducir o Corredor do Noroeste nos fondos europeos. “Conseguimos rectificar un erro histórico e, agora, debemos seguir traballando para pasar da planificación á execución”.

“Somos un lugar xeoestratéxico moi importante para a Unión Europea e necesitamos ser competitivos para que este lugar xeoestratéxico estea dotado de capacidade de produción e tractora, desde os portos cara ao interior”, engadiu, solicitando ao Ministerio de Transportes que nomee un comisionado para o Corredor Atlántico, tal e como demandou Galicia, “determinante” para poder competir en igualdade de condicións co Corredor Mediterráneo.  Feijóo concluíu subliñando que a Comunidade galega seguirá traballando, apostando pola cooperación, pola suma de esforzos e por conseguir sinerxías, así como intentando dar estabilidade e seguridade. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES