jueves, noviembre 7, 2024
InicioNewsComarcasBaiona, no nivel alto de restricións

Baiona, no nivel alto de restricións

O Comité Clínico inclúe ao concello de Baiona no nivel alto de restricións: os locais só poden abrir ao 50 % do aforo nas terrazas

Así, o Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia vén de decidir incluir ao concello de Baiona no nivel alto de restricións xunto con Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao e Sanxenxo. Deste xeito, a hostalería só poderá abrir nas terazas ao 50% a partir do venres 26 de marzo. Pola súa banda, inclúe a Beade no nivel máximo de resticións no que permanece Maside. Aquí, os locais están pechados e a mobilidade só está permitida entre estes dous municipios coas mesmas limitacións.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións Boimorto, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Bergondo, Culleredo, Ponteceso, Arteixo, A Coruña, A Laracha, Betanzos, Camariñas, Laxe, Valdoviño, Coles, Soutomaior, Cangas, Sober e Pantón nos que os hostaleiros e as hostaleiras poden atender ao 30% da capacidade no interior e ao 50% do aforamento no exterior.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo polo que, na maioría dos municipios da comunidade, os locais do sector da hostalería poden abrir  ao 75% no exterior e no interior ao 50% da capacidade. Cómpre lembrar que a mobilidade entre as localidades de Galicia «é sen límite», como dixo o presidente Núñez Feijóo nunha conferencia de prensa anterior, agás entre os concellos coas máximas restricións (Maside e Beade).

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 26 de marzo.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dará conta das decisións nunha conferencia de prensa mañá ás 11:30 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS