lunes, octubre 7, 2024
InicioNewsO PaísO brote na residencia de maiores de Silleda acada a 46 usuarios

O brote na residencia de maiores de Silleda acada a 46 usuarios

Detectados 13 novos casos de COVID-19 na residencia de maiores Coviastec de Silleda, fai que o brote detectado alcance a un total de 46 usuarios. O sábado falecía un deles tras ser trasladado o hospital de Santiago.

As  consellerías de Sanidade e Política Social confirman que as residencias de maiores de Galicia suman 50 usuarios contaxiados tras confirmarse os positivos de 13 residentes no centro Coviastec de Silleda.

A residencia de Silleda mantense como a máis afectada, con 46 usuarios contaxiados. Ademais, o centro de maiores Santa Mariña de Xinzo de Limia rexistra tres infectados e na residencia DomusVi Laraxe de Cabanas hai un caso de covid-19.

En engadido, hai seis traballadores de residencias de maiores con coronavirus tras detectarse tres novos casos entre profesionais do centro de Silleda. Así, esta residencia suma cinco empregados contaxiados e a de Caranza rexistra un.

Os centros de discapacidade mantéñense sen infectados entre os seus usuarios e tampouco presentan casos entre os seus traballadores.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS