miércoles, julio 17, 2024
InicioNewsO PaísAumenta o número de pacientes ingresados por COVID-19 en Galicia

Aumenta o número de pacientes ingresados por COVID-19 en Galicia

Son 8 persoas máis ingresadas por mor da COVID-19 nos hospitais de Galicia: 215 pacientes en camas convencionais e 51, na UCI.

Aumenta en 10, con respeto á actualización de onte de Sanidade, o número de persoas que están ingresadas nas camas convencionais a causa do virus ata os 215 pacientes. Pola contra, son dúas menos nas UCI  mais o SERGAS vén de notificar o falecemento dunha muller de 99 anos no CHUVI o día 20 de marzo e a de dous homes, de 84 e 74 anos respectivamente, no CHUO.

Estes son os casos positivos en COVID-19 activos por áreas sanitarias:

  • Área Sanitaria de Vigo: 486 (-1)
  • Área Sanitaria de Santiago: 280 (+9)
  • Área Sanitaria de Pontevedra: 200 (-10)
  • Área Sanitaria de Ourense: 154 (-5)
  • Área Sanitaria de Lugo: 198 (-18)
  • Área Sanitaria de Ferrol: 203 (-10)
  • Área Sanitaria da Coruña: 998 (-9)

No caso da área da Coruña é a primeira vez que descende dos 1000 casos activos no que vai de ano. Con todo, aumenta a súa presión hospitalaria e achgégase aos 100 pacientes ingresados por mor do virus con 77 en camas convencionais e 22 na UCI.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES