A previsión da Xunta é rematar a vacinación dos galegos e galegas maiores de 80 anos en abril, coa segunda dose incluída para a comezos de maio iniciar a inmunización dos maiores de 70 anos.
O presidente da Xunta:
Feijóo volveu insistir en que Galicia ten moita máis capacidade de vacinación da actual, pero non pode acelerara polas carencias de suministro de máis doses.
O presidente galego insiste na importancia de avanzar na vacinación das persoas de maior idade, tamén das de máis de 70 anos, tendo en conta que o 90% dos falecidos desde o inicio da pandemia no país tiñan máis de 70 anos. Desa maneira a inmunización permitirá atallar a mortalidade.
A Consellería de Sanidade prevé que os maiores de 80 anos estean inmunizados en abril e que a principios de maio empece avacinación dos de 70 anos en Galicia.
Actualmente Galicia ten vacinadas máis de 80.000 persoas do colectivo de maiores de 80 anos coa primeira dose contra a covid-19 e comezarase en breve coa segunda dose.
Con todo, Feijóo reitera que o proceso «vai máis lento do que nos gustaría» tendo en conta que «imos máis lentos do que poderiamos se tivésemos vacinas suficientes».
A previsión, tendo en conta o anunciado polo Ministerio de Sanidade á Xunta de que aumentará o suministro de dose, Feijóo avanzou a intención de «incrementar o ritmo de vacinación».
En Galicia hai actualmente 95.800 persoas que recibiron as dúas doses da vacina contra a COVID-19.