martes, junio 18, 2024
InicioO PaísPontevedraMáis de 5.300 controis sanitarios este mes na provincia de Pontevedra

Máis de 5.300 controis sanitarios este mes na provincia de Pontevedra

Do 1 ao 15 de marzo, a Garda Civil e a Policía Nacional levaron a cabo 5.348 dispositivos de control e vixilancia sanitaria nos que participaron 4.386 axentes, se identificaron a 26.705 persoas, se controlaron 17.297 vehículos e se elevaron 586 propostas de sanción.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu hoxe unha nova reunión por videoconferencia do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria.

Durante a reunión, as Forzas e Corpos de Seguridade fixeron balance das actuacións levadas a cabo durante os últimos quince días para vixiar o cumprimento das medidas aprobadas pola Xunta de Galicia o pasado 25 de febreiro

No que respecta á Garda Civil, este corpo realizou durante os últimos seis días 4.978 controis nos que participaron 2.872 efectivos. Nestes operativos 21.848 persoas foron identificadas, 16.483 vehículos foron controlados e 331 persoas foron sancionadas. En particular, no ámbito da hostalaría, a Garda Civil realizou 4.277 controis e interpuxo 130 sancións.

Pola súa banda, a Policía Nacional levou a cabo 370 controis na provincia que contaron coa participación de 1.514 axentes. Nestes dispositivos foron identificadas un total de 4.857 persoas e 814 vehículos, e se elevaron 255 propostas de sanción. Na hostalaría, a Policía Nacional realizou 934 controis e elevou 23 sancións

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES