sábado, diciembre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaPreparado todo para a segunda batalla de debuxantes no Porriño

Preparado todo para a segunda batalla de debuxantes no Porriño

O 1 de abril abrirase o prazo de inscrición para o concurso “Improvisdado” co que se busca potenciar a expresión artística mediante a creación que faciliten novas formas de intervención creativa, baseadas no debuxo e a pintura.

“Un certame singular e único que organiza o Concello do Porriño coa intención de crear novas formas de expresión artística, querendo romper estándares e normas non escritas da arte”, así presentou Camila Moreira, concelleira de Cultura, Mocidade e Festas, a “Batalla de Debuxantes Improvisdado”.

Camila Moreira:

A finalidade principal desta iniciativa é ofrecer un espazo creativo onde pasalo ben, amosar e apoiar o traballo dos/as artistas, favorecendo as relacións e conexións contraculturais das persoas mediante a participación activa na rúa
Para esta segunda edición “vaise simplificar o método de inscrición a través dun formulario nunha páxina web específica do concurso Improvisdados que ademais terá vídeos da edición anterior e un capítulo de preguntas frecuentes”, explicou Pablo Castiñeira, responsable de “Vella Escola”, entidade produtora do certame. A páxina web estará dispoñible de xeito inmediato.

Pablo  Castiñeira:

Outras dúas novidades serán o aumento da bolsa de premios para os finalistas e o escenario onde terá lugar a final, que este ano representará un taller mecánico, cun coche incluído, como se pode ver na maqueta nunha imaxe da galería. Precisamente ese escenario da final mudará este ano, trasladándose ao Parque do Cristo. Neste senso, Moreira manifestou que “no Porriño temos certa tendencia a localizar moitos eventos na praza do Concello e pensamos que é bo explorar outras zonas a ver como funcionan cun evento de visualización tan plástica”.

Camila Moreira:

Confinamento

Este concurso lanzouse no 2020, no primeiro estado de alarma como un estímulo para os creativos, para que puideran traballar dende as súas casas pese ao confinamento. Realizouse unha convocatoria por redes sociais para debuxantes que, de xeito profesional ou afeccionado, desenvolveran algunha disciplina artística relacionada coa pintura. Entre os debuxos presentados, seleccionáronse seis artistas que concorreron á final celebrada nas Festas do Cristo nun escenario habilitado na praza do Concello. O artista alcumado “O Ras”, de Pontevedra foi o gañador daquela

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS