sábado, julio 27, 2024
InicioNewsComarcasO Condado-Paradanta, coa mellor situación epidemiolóxica da bisbarra

O Condado-Paradanta, coa mellor situación epidemiolóxica da bisbarra

Dos cinco municipios da Área libres de COVID-19, catro pertencen ao Condado-Paradanta, segundo o SERGAS.

Así, Mondariz-Balneario e As Neves do Condado e Arbo e Crecente da Paradanta están libres do virus, segundo a última actualización do SERGAS. Os municipios non rexistran ningún positivo en COVID entre a súa veciñanza nin a 7 días nin a 14 días. Oia tamén se atopa nesta situación. Cómpre lembrar que no mes de febreiro deste mesmo ano estas comarcas presentaban unha incidencia superior aos 1000 casos segundo a súa poboación a 14 días.

A Guarda e Soutomaior son os municipios que presentan unha peor situación epidemiolóxica nunha semana pois achéganse aos 125 casos por cada 100.000 habitantes. Deles, é Soutomaior o que se achega á zona considerada de risco por Sanidade con entre 150 e 250 contaxios por cada 100.000 habitantes en dúas semanas.

Tomiño, A Cañiza, O Covelo, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Vigo e Mos rexistran menos de 75 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana e son os municipios de Mos e o do Covelo os que teñen unha mellor situación epidemiolóxica en 14 días pois non acadan os 50 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas cando os demáis si os superan.

Nunha incidencia con menos de 25 casos por cada 100.000 habitantes, atópanse os concellos do Rosal, Gondomar, O Porriño, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Nigrán e Mondariz. Deste xeito, Tui aumenta o número de casos positivos en 7 días logo de que na fin de semana o seu contador de contaxios se mantivo a cero. É O Porriño o que descende a presión en relación á COVID-19 con respeto a actualización anterior do SERGAS. Ningún destes municipios rexistran máis de nove casos entre a súa veciñanza nunha semana. 

Cunha mellor situación epidemiolóxica, sitúanse Ponteareas e Baiona, que non acadan os 10 casos por cada 100.000 habitantes en 7 días. O municipio do Val Miñor si manten a cero o número de novos casos diagnosticados en COVID nunha semana mentres que na vila do Corpus son menos de nove positivos entre os veciños e as veciñas.

Falece unha muller de 72 anos por mor da COVID na Área

Sanidade vén de notificar o falecemento no Chuvi dunha muller de 72 anos de idade por mor da COVID-19 nas últimas 24 horas. A muller presentaba patoloxías previas, segundo o SERGAS.

Na Área Sanitaria de Vigo son 451 veciños e veciñas con COVID-19 e deles, 45 (+1) están en camas de hospitalización convencionais e 14 na UCI. Dende o inicio da pandemia son xa 404 persoas as que perderon a vida por mor do virus na área.

 

 

 

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES