sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño aumenta a incidencia a 7 días

O Porriño aumenta a incidencia a 7 días

O Porriño aumenta a incidencia a 7 días con entre 10 e 25 casos por cada 100.000 habitantes. Onte, non superaba os 10

Así, segundo a última actualización do SERGAS, O Porriño aumenta a incidencia acumulada en relación á COVID-19 pois rexistra agora máis de 10 casos por cada 100.000 habitantes. Con todo, é unha cifra afastada da considerada de risco por Sanidade ao situarse entre 50 e 150 casos por cada 100.000habitantes a dúas semanas. Tamén sobe Tomiño, pero baixa os contaxios a menos de 25 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días. O Rosal manten a súa incidencia con menos de 25 positivos por cada 100.000 habitantes en 7 días.

Salceda de Caselas baixa  a incidencia a menos de 50 casos por cada 100.000 habitantes cando na xornada anterior achegábase aos 150 en 14 días. Baiona mellora a situación epidemiolóxica pois ten menos de 10 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana.

Soutomaior continúa a ser o concello coa peor situación epidemiolóxica ao situarse na incidencia de risco: máis de 250 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas.

Son cinco os municipios con cero contaxios nunha semana entre a súa veciñanza: Gondomar, Mondariz, Nigrán, Fornelos de Montes e As Neves. Con todo, non están libres de COVID-19 xa que contan con positivos en dúas semanas. Ponteareas, con non máis de nove contaxios, rexistra unha incidencia menor a 10 casos por cada 100.000 habitantes.

A Guarda, Tui, Vigo, Redondela, Pazos de Borbén, O Covelo, A Cañiza, Salceda de Caselas e Mos sitúanse nunha incidencia menor a 75 casos por cada 100.000 habitantes. Deles, é o de Pazos de Borbén o que se achega á zona de risco con máis de 150 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas ao igual que Mos, aínda que este último non muda a situación epidemiolóxica con respecto a onte.

Oia, Crecente, Arbo e Salvaterra de Miño seguen libres de COVID-19

400 mortes na Área Sanitaria de Vigo dende o inicio da pandemia 

Coa notificación do SERGAS da morte dun home de 79 anos no CHUVI  o 8 de marzo, a área acada a cifra das 400 persoas falecidas por mor da COVID-19 dende o inicio da pandemia.

Arestora, son 543 veciños e veciñas da área co virus, 30 menos que onte segundo Sanidade. 41 pacientes están ingresados en camas convencionais e 16 nas UCI.

 

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS