lunes, octubre 7, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoUn veciño de A Guarda, detido dúas veces nunha semana por roubos

Un veciño de A Guarda, detido dúas veces nunha semana por roubos

A Garda Civil identificouno como o presunto autor do roubo dunha bicicleta de 3.800 euros no interior dunha vivenda.

A Garda Civil detivo esta semana ao presunto autor dun roubo con forza cometido a finais do pasado mes de febreiro no interior dun domicilio en A Guarda.

As investigacións investigáronse a principios desde mes cando o propietario denunciou o roubo da bicicleta, valorada en 3.800 euros.

As pescudas realizadas polo Equipo de Investigación da Garda Civil de Tui, en coordinación cos efectivos do posto de A Guarda, conseguiron recuperar a bicicleta e identificar ao presunto autor, que resultou ser o mesmo veciño da vila de 35 anos detido fai unha semana por participar en outros roubos con forza cometidos nunha clínica dental e na casa reitoral. Consulta aquí a nova.

O detido, que foi posto a disposición xudicial, quedou en liberdade con cargos e con obriga de comparecer nos Xulgados de Tui os días 1 e 15 de cada mes.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS