sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsO PaísSoben os novos contaxios diarios aínda que caen os ingresos

Soben os novos contaxios diarios aínda que caen os ingresos

O número de casos activos continúa decrecendo en Galicia, tamén as hospitalizacións pero non deben pasar desapercibidos os novos contaxios diarios que esta semana crecen día a día. O luns o Sergas informaba de 88 novos positivos, pero onte e hoxe os novos contaxios diarios xa superan o cento.

Certo é que os casos activos levan 35 días en descenso en Galicia, situándose actualmente en un total de  3.257 persoas con covid-19, 165 menos ca onte. Con todo esta semana produciuse un cambio. Despois de xornadas cos novos contaxios diarios en descenso, esta semana comezaron a repuntar. Onte notificou o Sergas a detección de 168 novos positivos en Galicia e onte foran 152, cando nas xornadas anteriores eran menos do cento.

Por área sanitarias:

A Coruña: 1.196 (-15)

Vigo: 573 (-37)

Pontevedra: 419 (-23)

Santiago: 357 (-22)

Lugo: 244 (-38)

Ferrol: 260 (-19)

Ourense: 209 (-11)

 

Nos hospitais unicamente descendeu en 3 persoas o número de hospitalizados. Hai 366 persoas ingresadas por COVID-19 en Galicia: 289 en planta (-3) e 77 nas unidades de coidados intensivos (=).

 

Na última xornada o Sergas notificou 5 novos falecementos, o que sitúa a cifra de vítimas mortais no que vai de pandemia a 2.283.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS