sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsO PaísHaberá recurso para evitar indemnizar aos Franco por Meirás

Haberá recurso para evitar indemnizar aos Franco por Meirás

O Goberno de España presentará finalmente recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña sobre o Pazo de Meirás, que condea ao Estado a pagar unha indemnización aos Franco polos gastos contraídos desde 1975.

O Executivo central entende que o fallo «é favorable ás principais pretensións do Goberno», ao outorgar a propiedade do pazo ao Patrimonio do Estado, pero tamén «recoñece aos herdeiros do ditador o dereito a recibiren unha indemnización polos gastos en que incorreron cando ostentaban a propiedade do inmoble».

A Avogacía do Estado realizou «un estudo detallado dos fundamentos da sentenza» que permitiu apreciar «erros de interpretación ou alteracións sobre as pretensións exercitadas na demanda». «A sentenza afirma erroneamente que a Administración Xeral do Estado recoñecera na súa demanda a boa fe dos herdeiros do ditador e de aí extráense unha serie de conclusións que non se corresponden coa realidade», argumenta.

Por iso, o Goberno decidiu recorrer contra a sentenza, pois, na súa opinión, «a eventual corrección destes erros e a necesaria interpretación do Tribunal Supremo permitirán sentar con claridade e precisión as bases para a posterior liquidación do estado posesorio».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS