jueves, mayo 2, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoAsí é o ruído "incompatible coa vida" da VAC Tui-A Guarda

Así é o ruído «incompatible coa vida» da VAC Tui-A Guarda

Os veciños do val do Rosal sofren desde fai 7 anos os ruídos dos vehículos que pasan a altas velocidades pola Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda. Levan anos reclamando á Consellería de Infraestruturas unha solución, que pasaría pola realización dun estudo acústico previo.

  

Desde a posta en marcha da VAC Tui-A Guarda, os veciños do val do Rosal sobre uns “niveis de ruído incompatibles coa vida”, como así os define un portavoz, Benito Guerreiro, provocados polo paso de vehículos e sobre todo de motocicletas que circulan a gran velocidade. A isto hai que engadir “falta de auga, fallos na rede de sumidoiros e dificultade para regar as fincas”, todo a consecuencia da deficiente execución das obras, lamentan.

Guerreiro, como veciño afectado, leva anos reclamando unha solución á Consellería de Infraestruturas, pero denuncia que “négase a contestar as nosas solicitudes, entregadas por rexistro de entrada”. Por isto, os veciños pediron acceso ao informe técnico da obra, no que se di que, unha vez posta en funcionamento a VAC, procederíase a realizar un estudo acústico para determinar se era preciso instalar algún tipo de protección; estudo que nunca chegou a realizarse e que reclaman os veciños que viven a carón desta estrada, inaugurada en 2014.

Os veciños reclaman a realización deste estudo acústico, que definiría as actuacións necesarias para reducir ao mínimo o ruído. “Non queremos parches”, advirte o portavoz veciñal. Ademais, tamén reclaman á Xunta a reparación do saneamento na zona do Os Lagos e do sistema de rego, ambos danados polas obras de construción da VAC.

“Non podemos durmir nin manter unha conversa de maneira fluída”, lamenta Benito Guerreiro, facendo fincapé en que o ruído atenta contra a saúde pública.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES