martes, octubre 15, 2024
InicioNewsComarcasMos, fóra de risco a unhas horas da reunión do Comité Clínico

Mos, fóra de risco a unhas horas da reunión do Comité Clínico

Mos, o único concello das bisbarras no nivel alto de restricións, está agora fóra da incidencia considerada de risco por Sanidade.

Así, Mos rexistra unha incidencia a 7 días menos a  75 casos por cada 100.000 habitantes con non máis de 9 positivos no municipio nunha semana e a 14 días, a incidencia segue a ser alta pero baixaa con respeto a actualización do domingo do SERGAS. Agora sitúase fóra de risco, menos de 250 casos por cada 100.000 habitantes.

Hoxe, ás 18:00 horas, o Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia reúnese co fin de revisar os datos, municipio a municipio, para levantar, ou non, as restricións segundo o nivel de desescalada de cada concello.

Comparte inciencia con Mos, a inferior a 75 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana, A Guarda, Tui, Vigo, A Cañiza, O Covelo, Pazos de Borbén e Redondela. 

Nunha mellor situación epidemiolóxica atópanse os concellos de Baiona, Tomiño, Salceda de Caselas, Ponteareas e o Rosal con non máis de 25 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana e deles, é O Rosal o municipio que rexistra unha menor incidencia a 14 días pois tampouco pasa dos 25 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas.

Con 0 positivos en COVID-19 nunha semana, Gondomar, Nigrán, As Neves e Mondariz. Con todo, si contan con contaxios en dúas semanas polo que aínda non é posible incluilos na listaxe de concellos libres de coronavirus.O Porriño non rexistra agora máis de nove positivos nunha semana cunha incdiencia inferior aos 10 casos por cada 100.000 habitantes.

Si están libres do virus, Salvaterra de Miño, Arbo, Oia, Crecente e Mondariz-Balneario.

Pola súa banda, Soutomaior, no nivel máximo de restricións, continúa na incidencia de risco, superior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS