jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsO PaísSegue o descenso de casos en Galicia nunha xornada na que falecen...

Segue o descenso de casos en Galicia nunha xornada na que falecen catro persoas con COVID

Son 276 casos positivos activos en COVID-19 menos que onte na comunidade, segundo o SERGAS. Así, 3676 galegos e galegas teñen o virus.

Descende a presión hospitalaria en Galicia con 10 persoas menos ingresada por mor do coronavirus. Son 302 en camas convencionais (-8) e 80 nas UCI (-2). Pola súa banda, o SERGAS vén de notificar que catro persoas faleceron pola COVID-19 nas últimas 24 horas. Trátase dun home de 76 anos no CHUVI; un home de 64 anos e unha muller de 85 anos , no CHOP e un home de 66 anos no CHUAC. Todos eles presentaban pataloxías previas segundo Sanidade.

De igual xeito, descende a presión hospitalaria en todas as áreas sanitarias agás na da Coruña con dúas persoas máis ingresadas en camas convencionáis e na de Lugo con catro persoas máis hospitalizadas.

Os datos por áreas sanitarias son os seguintes en canto aos casos positivos activos en COVID-19

  • Área Sanitaria de Vigo: 631 (-45)
  • Área Sanitaria de Santiago: 405 (-46)
  • Área Ssanitaria de Pontevedra:492 (-49)
  • Área Sanitaria de Ourense: 230 (-14)
  • Área Sanitaria de Lugo: 327 (-12)
  • Área Sanitaria de Ferrol:321 (-38)
  • Área Sanitaria da Coruña: 1270 (-72

En Galicia, curáronse un total de 107.708 persoas, rexistrándose 2.268 falecementos dende o inicio da pandemia da COVID-19. O número de PCR realizadas é de 1.714.758. Isto é. 7.719 máis que onte, segundo o SERGAS.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES