sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísGalicia defende o peche das autonomías en Semana Santa

Galicia defende o peche das autonomías en Semana Santa

Galicia apoia que se manteña o confinamento perimetral das autonomías durante a Semana Santa, aínda que espera a evolución dos datos epidemiolóxicos das próximas semanas.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias:

Ao igual que o Ministerio de Sanidade, tamén son partidarias da medida de conter a mobilidade na próxima semana vacacional, as autonomías de Cataluña, Andalucía, Cantabria, A Rioxa, Murcia, Aragón, Castela-A Mancha, as Canarias, Navarra, Estremadura, asa Baleares e Melilla, entre outras. No lado oposto está Madrid, a súa presidenta segue argumentando que conter a mobilidade non valeu para nada e rexeita o peche.

A decisión tomarase o vindeiro mércores. Na reunión do Consello Interterritorial de Saúde, ministerio e autonomías acordarán as medidas para evitar a cuarta vaga durante como consecuencia do próximo gran periodo vacacional.

O Ministerio de Sanidade tratará nesta próxima semana, ata o mércores, de conseguir o consenso coas comunidades autónomas para unha resposta homoxénea e unánime de medidas para a Semana Santa a fin de evitar o aumento dos contaxios e o comezo dunha cuarta vaga da pandemia.

Será mañá cando a Comisión de Saúde Pública fará as súas propostas sobre este plan de Semana Santa, segundo avanzou a ministra de Sanidade Carolina Darias na conferencia de prensa posterior á reunión do Consello Interterritorial, na que quixo deixar clara esta mensaxe: «O noso obxectivo segue sendo salvar vidas, non salvar semanas».

Sanidade considera que as dúas medidas esencias para conter os contaxios son as que limiten a mobilidade e os contactos sociais, que son as que «inciden» en evitar a propagación do virus, sinalou a ministra de Sanidade, Carolina Darias, quen insiste que o obxectivo do Goberno é «salvar vidas, non salvar semanas».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES