lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaAlertan dun colapso da web na que se descargan os códigos QR

Alertan dun colapso da web na que se descargan os códigos QR

O Concello do Porriño en nome da hostalaría da vila solicita á Xunta que se amplíe o prazo.

O colapso da ferramenta web, disposta pola Xunta de Galicia por medio de Turespazo, para obter o código QR está a deixar a moitos hostaleiros abocados ao incumprimento e, por tanto, a poder ser sancionados a poucas horas de que as instrucións sanitarias recollidas na orde do 25 de febreiro publicada no DOG, pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de Hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, sexan obrigatorias.
Neste contexto, a hostalería do Porriño trasladou este xoves nunha reunión á concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e axentes da policía local, «a nosa preocupación polo colapso da páxina web de Turespazo para obter os códigos QR, cuxo prazo remata a medianoite «, segundo José Manuel Fernández, presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño.

José Manuel Fernández:

En consecuencia, a alcaldesa, Eva García de la Torre, decidiu instar por carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que «permita a ampliación do devandito prazo para dar tempo para formalizar todas as solicitudes dos hostaleiros da vila á vista da inquedanza xerada entre os autónomos pola posibilidade de non poder cumprir a normativa por motivos alleos ao seu control”.

Lourdes Moure:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS