jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísOs universitarios volven ás clases presenciais con cribados

Os universitarios volven ás clases presenciais con cribados

Os estudantes das universidades galegas volven este 1 de marzo ás súas clases presenciais tras un mes recibindo ensinanza en liña polas restricións máximas para conter os contaxios de COVID-19. A súa volta coincide cos cribados masivos que realiza o Sergas nos campus para detectar asintomáticos.

Desde o 8 de febreiro levaban con clases telemáticas, coincidindo co inicio do segundo cuadrimestre nas universidades,e porque ata entón tiveron lugar os exames nas facultades. O comité clínico que asesora á Xunta nesta pandemia decidiu o pasado 15 de febreiro que os estudantes retomaran as súas clases hoxe unha vez que baixou a incidencia en toda Galicia.

As tres universidades galegas defendían a volta as clases presenciais. Os reitores defenderon as institucións como un espazo seguro.

O reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López, asegurou que  «todos os datos» primeiro cuadrimestre «demostran que non hai un problema de contaxios dentro dos espazos universitarios» e que os protocolos asumidos neste ámbito «funcionaron moi ben».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES