jueves, noviembre 7, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta recupera 45 elementos patrimoniais que transcorren polo Camiño de Santiago

A Xunta recupera 45 elementos patrimoniais que transcorren polo Camiño de Santiago

Grazas a un convenio coa Fundación Juana de Vega, o goberno galego mellorou hórreos, marquesiñas, lavadoiros e palcos da música localizados na ruta xacobea.

A Xunta aposta pola mellora e conservación do patrimonio vencellado ao Camiño de Santiago para poñer en valor as súas rutas e dinamizar as localidades polas que discorren. Con ese obxectivo asinou un convenio coa Fundación Juana de Vega que permitiu recuperar 45 puntos degradados ao longo do itinerario xacobeo.

A directora de Turismo, Nava Castro, subliñou a importancia destas actuacións porque, aínda que se trata de pequenas intervencións en elementos patrimoniais como lavadoiros, hórreos ou marquesiñas, teñen un gran impacto visual que vai ser determinante na imaxe que os peregrinos se leven do Camiño e do seu percorrido por Galicia.

Nava Castro puido comprobar o impacto positivo destas intervencións na visita que fixo ao lavadoiro de Francos, en Teo, ao carón do cal discorre o Camiño Portugués. Esta actuación, na que se investiron 27.155 euros, complétase coa rehabilitación do lavadoiro de Casalonga, no mesmo municipio, cun investimento de 7.575 euros. Ámbolos dous traballos van incluídos no convenio asinado entre a Xunta e a Fundación Juana de Ve-ga por un importe de 192.956 euros, o que permitiu mellorar 45 puntos degradados ao longo do Camiño de Santiago.

O acordo con esta entidade sen ánimo de lucro, que vela pola conservación do patrimonio natural galego, permitiu substituír sinais, actuar en casetas, hórreos, valados, marquesiñas, palcos de música e mesmo en edificios en mal estado de conservación que minguaban a boa imaxe que debe dar o Camiño nun dobre Ano Santo no que o Xacobeo aspira a ser o motor da recuperación económica de Galicia.

Na actualidade estase tramitando a renovación desde convenio por un importe de 150.000 euros, o que permitiría a Juana de Vega recuperar outros 25 elementos.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS