lunes, noviembre 11, 2024
InicioNewsComarcasTui, Baiona, Porriño, Ponteareas e Redondela, os Concellos onde baixan os...

Tui, Baiona, Porriño, Ponteareas e Redondela, os Concellos onde baixan os contaxios

A situación epidemiolóxica nas comarcas do Baixo Miño, Val Miñor, A Louriña, O Condado, A Paradanta, Vigo e Redondela estabilízase e a maioría dos Concellos repiten os mesmos datos ca onte.

Oia, Tomiño, O Rosal, Nigrán, Gondomar, Salceda de Caselas, Arbo, Crecente, As Neves, A Cañiza, Mondariz e Fornelos de Montes non rexistran cambios.

Por outra banda, en Redondela, Porriño, Tui, Ponteareas e Baiona continúan descendendo os contaxios. Redondela, Porriño e Baiona teñen 2 casos menos cada un; en Ponteareas hai catro contaxios menos e en Tui un.

Os municipios que rexistraron un repunte de positivos en COVID-19 na última xornada son: Mos (+1), Pazos de Borbén (+1), A Guarda (+3) e Vigo (+2).

Na mellor situación posible seguen en Covelo e Mondariz-Balneario. Ambos Concellos están libres de coronavirus. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS