viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísO Sergas creará unidades para as persoas con secuelas do virus

O Sergas creará unidades para as persoas con secuelas do virus

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou no Parlamento galego que o Sergas creará unidades poscovid para seguir os «efectos secundarios» dos pacientes que pasaron a COVID-19.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

Son moitas as galegas e os galegos que a pesaren de pasar a enfermidade continúan con secuelas, en moitos casos que lles impiden recuperar as súas vidas anteriores ao virus.

Estas unidades de seguemento serán multidisciplinares e completaranse cun comité clínico  poscovid «para o seguimento dos casos máis complexos» anunciou Comeseña.

Os efectos secundarios máis comúns das persoas que pasaron a covid-19 son afeccións de carácter pulmonar, cardiovascular, neurolóxicas e mesmo alteracións psiquiátricas.

As dores de cabeza ou a perda do gusto, están entre as máis habituais.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES