martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísReapertura dos centros comercias de toda Galicia

Reapertura dos centros comercias de toda Galicia

A partir deste sábado, 27 de febreiro, volverán estar abertos os centros comerciais de toda Galicia as fins de semana, logo de catro semanas pechados. A orde do DOG especificará as restricións de aforamento.

Actualmente os centros comerciais galegos están abertos de luns a venres pero cun aforamento máximo do 30% e a prohibición de usar as zonas comúns ou aglomerarse en lugares de paso entre tendas.

Unha vez que reabran as fins de semana agárdase que a Xunta tamén impoña algunha medida de control para evitar aglomeracións tendo en conta que tamén se reabrirán o venres boa parte dos peches  perimetrais e a veciñanza dos municipios próximos ás cidades poden planificar visitar os centros comerciais esta fin de semana, o que podería levar grandes concentracións de persoas en un lugar pechado.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES