viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasVal de MiñorAs choivas asolagan Porriño, Gondomar, Oia e Tomiño

As choivas asolagan Porriño, Gondomar, Oia e Tomiño

As intensas choivas da pasada noite aumentaron notablemente os caudais dos ríos Miñor, en Gondomar, e Louro, en Porriño, que desbordaron causando algún dano. Ademais, en Oia, os ventos levantaron desde tellados ata un valo do campo de fútbol.

Tamén en Oia desbordaron ríos e regatos, polo que, pasada a unha da madrugada, o personal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas tivo que intervir para aliviar un anegamento na estrada PO-552, en San Xiao. A isto houbo que sumar fortes ventos, que afectaron a media ducia de vivendas.

Gondomar

De igual forma se rexistraron danos en varios vehículos de Gondomar, neste caso polo desbordamento do río Miñor entorno á estación de autobuses e ao centro de desenvolvemento local, como acostuma pasar en Gondomar cando as choivas son intensas.

Nesta ocasión, o aumento do caudal provocou o asolagamento da ponte romana, en Mañufe, e o derrubamento do muro do Pazo do Conde, onde caeron un par de farois. Tamén houbo inundacións no Porto do Molle a causa das follas que taparon as arquetas, impedindo a filtración da auga.

Porriño

Mais recentemente, sobre as sete desta mañá, rexistráronse varios anegamentos en Porriño pola subida do río Louro en varios puntos do termo municipal, como na Guía-Atios, na estrada de Pontellas a Torneiros, á altura da nave de Maderas Iglesias e xunto ao velódromo. Tamén se rexistraron bolsas de auga en vaias rúas dos Parques Industriais das Gándaras e A Granxa, así como inundacións en baixos comerciais e vivendas.

Segundo os datos da estación meteorolóxica localizada en Atios, entre o mércores e o xoves, recolléronse en Porriño máis de 100 litros de choiva por metro cadrado. 

Tomiño

Xa no transcurso desta mañá, tamén os ríos Pedra, Pego e Cereixo desbordaron en Tomiño, obrigando a cortar a circulación por varias estradas locais. Segundo informou a Policía Local de Tomiño, o incremento do caudal destes ríos provocou desbordamentos puntuais que fixeron inviable a circulación polas estadas locais de Eidos de Abaixo e Barrio da Ponte, en Forcadela; así como no tramo municipal da vía de San Salvador de Tebra.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES