lunes, noviembre 11, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño prepara unha bolsa de axudas para paliar os efectos da pandemia

Porriño prepara unha bolsa de axudas para paliar os efectos da pandemia

A creación dun fondo de 140.000 euros en axudas económicas directas para hostaleiros, comercio e autónomos afectados pola crise derivada da COVID-19 tratarase no pleno do vindeiro mércores.

As comisións informativas municipais de Urbanismo, Igualdade e Economía prepararán a orde do día do próximo pleno da corporación local que abordará este asunto como o máis relevante.
Dúas das comisións municipais celebraranse mañá xoves pola tarde por vía electrónica e o luns 22 terá lugar o resto. Entre elas, a comisión de Economía, que informará sobre a operación de crédito extraordinario que creará este fondo de axuda para os sectores económicos do Porriño máis afectados pola crise. O importe total que se propoñerá será de 140.000 euros, dos cales 57.000 euros corresponde á achega da Deputación de Pontevedra, con cargo ao 1% do orzamento da institución provincial, e o resto sufragaríao o Concello.

Pedro Pereira, alcalde accidental ao ser Eva García sometida a unha intervención cirúrxica

A aprobación deste asunto levarase ao pleno do vindeiro mércores, 24 de febreiro, sesión que estará presidida por Pedro Pereira como alcalde accidental, logo de que Eva García de la Torre lle cedese a Alcaldía temporalmente, por decreto, como consecuencia dunha baixa debido a unha intervención cirúrxica á que será sometida este xoves e a posterior convalecencia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS