lunes, octubre 7, 2024
InicioComarcasParadantaO Balonmán Cañiza bota de menos á súa afección

O Balonmán Cañiza bota de menos á súa afección

O Polvorín, o pavillón municipal da Cañiza, onde xoga o Club Balonmán Cañiza cando lle toca loitar na casa, xa non ruxe. As bancadas están baleiras e os xogadores botan de menos á súa afección. Ao non vender entradas, a economía do club tamén minguou.

Os clubs deportivos da bisbarra que non tiveron que abandonar a competición  nas últimas semanas por estaren en ligas nacionais sofren tamén as consecuencias da pandemia da COVID-19.

O Club cañicense tamén o nota nos seus ingresos. Ao non poder vender entradas a súa financiación vese minguada.

O Balonmán Cañiza está nun histórico cuarto posto da 1ª Nacional e este sábado, ás   da tarde, recibe na casa ao líder, o Calvo Xiria. Para sentir o apoio dos seus seguidores lanza unha campaña nas redes sociais co hastag #quendixomedo á espera de recibir imaxes e vídeos de apoio. Os participantes entrarán no sorteo dunha bufanda oficial do club e uns calcetíns personalizados.

Con todo, os equipos de ligas nacionais saben que os seus sacrificios son menores que os dos clubs que tiveron que deixar a práctica deportiva polas restricións para conter os contaxios.

Agora chega un alivio. Os clubs federados que compiten a nivel autonómico poden retomar os encontros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS