lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaArquivada a denuncia dos recibos de auga falsos de Mos

Arquivada a denuncia dos recibos de auga falsos de Mos

A zuíz desestima o recurso de apelación do Concellos de Mos porque «calquera pode darse conta da falsidade».

O Xuzgado de Primeira Instancia número 1 de Porriño desestimou o recurso de apelación presentado polo Concello de Mos para culpar á Comunidade de Montes de Tameiga dos presuntos delitos de suplantación de identidade e falsidade documental en relación aos recibos de auga falsos preparados para enviar por correo aos veciños de Mos xusto antes das eleccións municipais de 2019. Entende a xuíz que a calidade das falsificacións era tan “burda” que “calquera pode darse conta da falsidade”.

“A xuíz en ningún caso nega que sucederan os feitos, e con iso nos quedamos”, valora a alcaldesa, Nidia Arévalo. “Queda claro que os feitos non foron unha invención miña nin unha montaxe para gañar as eleccións como dicían, senón que as cartas si que foron unha montaxe da Comunidade de Montes”, insiste a rexedora mosense.

O arquivo da denuncia non ve indicios de delito, pero sí recolle que estes feitos sucederon realmente, ao estar demostrados polas cámaras de seguridade e as declaracións do persoas de Correos. Para Arévalo, “isto é o importante, que se coñeza a veracidade dos feitos; agora, se non son considerados delitos, é outra cousa”.

Desestimado o recurso, a alcaldesa quere “pechar este lamentable capítulo”, pero mantén a firme convicción de que “tratouse dunha trama política contra min”. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS