lunes, noviembre 11, 2024
InicioNewsO PaísGalicia demanda máis fondos para a dixitalización nas universidades

Galicia demanda máis fondos para a dixitalización nas universidades

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, trasladou ao ministro de Universidades, Manuel Castells, o gran que as tres universidades galegas están a realizar diante da pandemia da COVID-19 e pide «non crear máis incertezas”

 O conselleiro indicou que os fondos ofrecidos polo Ministerio de Universidades para a dixitalización, 70 millóns de euros para o conxunto do sistema español, son insuficientes neste curso. Máis tendo en conta que a Xunta acaba de transferir ás tres universidades galegas 10 millóns de fondos propios para proxectos deste eido.
Román Rodríguez explicou que en Galicia os exames presenciais se levaron a cabo “con normalidade”. Así mesmo, puxo en valor o esforzo desenvolvido polas universidades a través dos plans de continxencia e dos esforzos en materia de dixitalización, grazas ao que a actividade lectiva se está a desenvolver ata o 1 de marzo de xeito telemático.

Unha lei con vocación de pervivencia

No que atinxe ao marcos normativo presentado polo ministro na reunión, en concreto á nova lei de universidades, Román Rodríguez reclamou unha “participación sincera” das comunidades autónomas na súa elaboración. En calquera caso, o conselleiro salientou a importancia de que esta nova lei de Universidades “teña vocación de pervivencia no tempo e non sexa unha lei de partido nin de goberno».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS