martes, octubre 15, 2024
InicioComarcasO Condado"A Plisan afianza á poboación na comarca do Condado-Paradanta"

«A Plisan afianza á poboación na comarca do Condado-Paradanta»

O delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, pon en valor o inicio da Plisan cunha empresa como Albo «que xerará máis de 200 empregos na zona».

Regades explica que «a primera pedra que se puxo na Plataforma Loxística de Salvaterra- As Neves fará que veñan moitas máis». Califica a Plisan como un referente en Galicia pola súa superficie de terreo posto que «é o polígono máis grande do noroeste peninsular». Regades explica que a xeración de emprego na zona implicará, igualmente, «o afianzamento da poboación á comarca do Condado e Paradanta».

Tamén falou Regades sober o inicio da obras de 14 naves no Porto do Molle, que están dispoñibles «para aquelas empresas ou emprendedores, que queiran iniciar os seus proxectos ou mesmo consolidalos». Asegura o delegado que é primordial continuar coa creación de chan industrial. En canto á captación de fondos europeos, na que a Zona Franca de Vigo leva traballando dende o seu anuncio, David Regades di que «estamos seguros de que a maioría dos proxectos serán identificados como tractores».

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS